Sunday 19 de May de 2024

A Xunta realiza unha nova entrega esta semana aos concellos da comarca do Barbanza de 6.886 unidades de material de protección para facer fronte á covid-19


Enviouse unha nova partida de 2.400 luvas, 4.300 máscaras e 145 traxes antisalpicaduras
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou dun novo reparto de material de protección realizado esta mesma semana. Por unha banda, retomáronse os envíos de Epis aos concellos e por outro realizouse, como todas as semanas, o noveno envío de material de protección ás residencias e entidades sociais da comarca do Barbanza.

A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos da área do Barbanza. No caso concreto dos concellos desta comarca a partida inclúe 4.300 máscaras, 2.400 luvas e 145 traxes antisalpicaduras. En total, enviouse aos concellos da área de Santiago 6.886 unidades de protección esta semana.

Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.

Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.

Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.

Ademais, desde a Xunta realizouse tamén o noveno envío de material de protección a 4 residencias e entidades sociais dos concellos da área do Barbanza, concretamente a centros en Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. En total, 3.400 Epis. Enviáronse as residencias e asociacións do barbanza, 1.900 luvas e 1.500 máscaras.